Luciano García Alén recibe o Pedrón de Ouro pola súa dedicación á cultura popular
A fundación distingue tamén ás comunidades de defensa do galego no Bierzo, Asturias e Zamora Luciano García Alén e as comunidades de defensa do galego no Bierzo, Occidente de Asturias e Zamora foron galardoados co Pedrón de Ouro e o Pergamiño de Honra, respectivamente. Os premios, instituídos pola fundación do mesmo nome, recoñecen o traballo de persoas e institucións a prol da cultura galega. García Alén, que se mostrou sorprendido e agradecido pola distinción, defínese como «un entusiasmado da cultura do mundo rural». A súa dedicación a este ámbito traduciuse na súa investigación, promoción e dignificación da alfarería galega. Os premios serán entregados o 19 de maio no Casa de Rosalía en Padrón.
REDACCIÓN