Cando leamos ou escoitemos esta palabra, pastoral , pensemos que estamos a introducírmonos nos eidos da igrexa e, máis en concreto, no exercicio dunha das súas misións: a de maxisterio e orientación dos seus fieis ¿agás que falemos de poesía, pero entón esta palabra será sinónimo de bucólico ou pastoril¿. Normalmente, pastoral é un adxectivo que acompaña ós substantivos carta ou instrucción . Polo tanto, estamos a falar dun documento ¿carta ou circular¿ que a xerarquía eclesiástica lle fai chegar ós seus fieis para aclararlles, ensinarlles, amoestarlles, informarlles de temas referidos a cuestións da fe ou da súa vida relixiosa (vida na fe). A procedencia, polo tanto, destes documentos é da xerarquía ou pastores da grei (colectivo de crentes), máis en concreto, dun bispo ou dun conxunto deles: diocese, provincia eclesiástica ou conferencia episcopal. Así, aquí en Galicia, os fieis da Igrexa Católica poden recibir carta ou instrucción pastoral da Conferencia Episcopal Española, do bispo da súa diocese, e tamén da provincia eclesiástica de Santiago, na que se inclúen o arcebispado de Santiago e os bispados de Ourense, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Tui-Vigo, e Astorga algunha bisbarra limítrofe con León. O valor deste tipo de documentos é orientativo e interpretativo dos principios xerais da fe e da moral católica. Estaremos, pois, a falar dunha aplicación da doutrina xeral da Igrexa Católica a casos concretos da vida cotián. En puridade teolóxica, a xerarquía católica estaría a interpreta-lo Evanxeo e a dicir cal sería ¿na súa opinión¿ a aplicación correcta para un caso determinado. Por enriba destes documentos están outros de maior xerarquía que son as cartas papais ou encíclicas, despois xa virían os documentos do conxunto da xerarquía, etcétera... En resumo, nunha carta pastoral os bispos estarán a dicir: Nosoutros opinamos que, se Xesús (en nome del falamos) ou os seus apóstolos ( sucesores deles somos ) estiveran aquí, sobre este asunto, o que ensinarían coidamos que sería o seguinte... (contido da carta pastoral). Para enviar preguntas: que.es@lavoz.es