01 jun 2001
Reixa explica no «chat» de La Voz os detalles da súa primeira película
ENCONTROS DIXITAIS Desvelou que Manuel Rivas interpretará a un fusilado en «O lapis do carpinteiro» Antón Reixa participou onte no «chat» de La Voz e respondeu ás distintas preguntas formuladas polos internautas, interesados especialmente pola primeira película que vai dirixir, «O lapis do carpiteiro», e por coñecer distintos aspectos da elaboración do guión o das dotes interpretativas de Manuel Rivas. Tamén lle formularon interrogantes sobre a actualidade galega e sobre o seu pasado musical.
REDACCIÓN