Anxo Angueira, escritor de «Pensa Nao» O rechouchío dos paxaros cerca Mansella nas mañás de verán. Contra o fondo da paisaxe o final da ría de Arousa mansamente presta azul a tanto verde. A harmonía do val só quebra pola vía rápida que busca o mar en Ribeira e alén. A descripción pode ser bucólica pero non gratuíta. Manselle é unha xeografía vital para a literatura de Anxo Angueira. «Pensa Nao» ten varios protagonistas: o galego recuperado, a ilusión por unha patria en marcha e con horizonte, pero tamén un pobo deitado nas caeiras da vida e da paisaxe. Unha paisaxe que, como piden os académicos é idiomática, moral, política. A paisaxe como circunstancia.
CAMILO FRANCO