Anxo Angueira acadou o Premio Xerais de Novela en 1999 con Pensa Nao . Marabilla a súa narrativa, o xeito ricaz, expresivo, novedoso de explicar como a cultura e o progreso do noso país sofre os atrancos das forzas reaccionarias que se opoñen as mudanzas dos tempos e tentan de instalarnos no seu mundo de servidume e mediocridade, involucións históricas que só fan retardar o imparable avance das ideas e as novas expresións cturais e sociais. Na ribeira do Ulla, entre Padrón e Catoira, sitúa Anxo Angueira a Sernanselle, os seus eidos nativos de Dodro, nos anos de vixencia da Segunda República. Soños dun mundo mellor A corrente do río que leva as follas secas das vidras e as cancións de Rosalía, tamén levou nunha chalana penza para alén da Cortegada o salmo de León Felipe, o libro dos cánticos cos que se laboreaba a terra, se organizaban os soños de progreso, se construían as primeiras industrias e os soños dun mundo mellor. Os tempos que obligan a mudar as costumbres, os oficios, os traballos, están recollidos neste obra que é un documento cariñoso das nosas raigames, un museo cultural como a Historia de Galicia que nos deixou Don Ramón Otero Pedrayo, pero un museo en acción, cheo de vida, de paixóns. Lectura obligada Anxo Angueira plasma a Galicia que viviron e coñeceron os nosos abós, nos anos 30, un coñecimento maxistral da terra, do noso mundo rural, dos usos, do ambiente, das inquedanzas e ideais. Lectura obligada para todos os interesados na nosa cultura etnográfica, elaborada nun estilo moi coidado e preciso, cos solucións innovadoras e arrecendos expresivos dos diálogos e descripcións. HIXINIO PUENTES, crítico