16 may 2002
Os alumnos con Frei Sarmiento
Os centros escolares de Deza e Tabeirós-Montes celebraron onte o día da lingua con diversas actividades O Día das Letras Galegas adiantouse nos centros educativos das comarcas de Deza y Tabeirós-Terra de Montes ó seren hoxe día festivo. Numerosas actividades encheron onte as aulas e os patios para que os máis xóvenes se achegaran á figura do homenaxeado, Frei Martín Sarmiento, e tamén á lingua galega. Concursos literarios, teatro e exposicións foron os actos centrais na maioría dos centros educativos.
REDACCIÓN