Unha ollada particular a Galicia

La Voz

DEZA

ROMÁN GUTIÉRREZ

A RÚA DO VENTO

14 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

: Los carniceros de A Estrada aseguran que ahorrarán 19,5 euros por canal si sacrifican las reses en el matadero de Vila de Cruces. QUINCE IMAXES en blanco e negro mostran a particular ollada do fotógrafo Marcos Míguez sobre Galicia abordando unha temática variada. Esta exposición poderase visitar ata mediados do próximo mes de xuño no café A Farola de A Estrada. Desta forma, Marcos Miguez abre a óptica da súa cámara para reflectir máis alá da cotidinidade das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes, que tódolos días plasma nas páxinas de La Voz de Galicia. TAMEN A TELEVISIÓN se fará eco desta mostra fotográfica. Onte TVE estivo grabando imaxes en A Estrada e entrevistou a Marcos Míguez para o programa Galicia para el mundo que se emitirá o 25 de abril por La 2 a partir de las 21.30 horas. OS HOSTELEIROS DE LALÍN tócalle traballar a reo. Nunha reunión mantida o luns, a comisión de festexos decidiu que cada pub aportarán 200 euros e o resto de locais de hostelería, á vontade. A financiación para os concertoss pasa tamén pola venda das entradas e de camisetas, ademais de pola cantidade que aporte o adxudicatario das barras de bebidas. Presentáronse catro ofertas, das cales se estudirán dúas. En canto á organización as festas patronais, búscanse alternativas ó campo da Feira para instalar os postos debido á posible adxudicación, antes das festas, das obras do aparcamento subterráneo. Barállanse como opcións a zona do auditorio, a Plaza da Marina e o acondicionamento dunha explanada xunto a circunvalación. O CORO E O GRUPO DE GAITAS do centro social de A Estrada actuaron onte con motivo dos actos de celebración do Día das Letras Galegas. Este colectivo está a organizar numerosas actividades para estes días.