05 nov 2001
O aumento da producción audiovisual galega alenta a estructuración do sector
Un informe de Ciencias da Comunicación constata o predominio do material para a televisión sobre o cine A producción audiovisual galega no bienio 1999-2000 incrementouse nun 72,5% en relación cos dous anos anteriores. O dato é o máis significativo do informe do Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), presentado pola catedrática de Comunicación Audiovisual compostelana Margarita Ledo que, a tenor da evolución deste quinquenio e feitos recentes, como a creación do Consorcio do Audiovisual, dixo que o sector está «nunha fase de estructuración que se pode estabilizar nun período máis ou menos breve».
REDACCIÓN