A parroquia de Castro, no centro do concello de Coristanco, é unha das máis antigas fachadas da comarca de Bergantiños O poboamento da parroquia de Castro, no Concello de Coristanco, debeu darse desde moi antigo, xa que autores como Rodríguez Casal fan referencia á existencia de catro mámoas na aba sur dos montes que rodean a Lume de Suso; todas elas cos conos de violación perfectamente demarcados, aínda que nunha delas poden verse dous chantos. En Pedralta hai unha rocha coñecida como a Pedra dos Mouros da que os veciños dicían que era un dolmen pero que foi destruído por se-las pedras removidas por excavadoras; del di o folklore popular que enriba da súa pedra baila unha moura tódolas noites a horas diferentes.
EVARISTO DOMÍNGUEZ RIAL