11 jun 2001
«Agora hai máis motivos para a folga xeral que no 14 de decembro»
Xerardo Abraldes, reelexido secretario xeral da Confederación Intersindical Galega na comarca de Vigo Teñe o casco enrriba da mesa. Xerardo Abraldes foi reelexido secretario xeral da CIG o pasado sábado. Ainda non constituiu a nova executiva comarcal do sindicato xa que está a esperar o desenrolo do paro do vindeiro venres. Abraldes asegura que «agora hai máis motivos para a folga que no pasado 14 de decembro de 1988». Na súa opinión a actitude de Comisións vai a tener un «coste grande» para o sindicato estatal. O secretario da CIG aspira a que o sindicato sexa a «forza hexemónica» na bisbarra.