21 abr 2002
«Os voluntarios buscan aprender para actuar, ninguén lles manda nin cobran»
MONTSE GARCÍA A ENTREVISTA Víctor Blanco, responsable de Protección Civil de Lalín que organiza un curso contra incendios A Agrupación de Protección Civil de Lalín organiza un curso de loita contra incendios no que participan trinta voluntarios de varios municipios da provincia de Pontevedra. A actividade empezou este fin de semana e continuará nos dous próximos. O responsable do colectivo, Víctor Blanco Taboada, explica que hai moita demanda de estos cursos. Incide en que con eles o que buscan é aprender posto que non son obligatorios nin despois cobran nada.