Loitar contra os incendios

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

A agrupación de Protección Civil de Lalín organiza cursos preventivos na Casa da Xuventude

19 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Coa chegada das altas temperaturas intensifícase a vixilancia nos montes para prevenir os incendios forestais. Nembargantes, tódalas tarefas encamiñadas a prevenir os mesmos son poucas e ante a posibilidade de que os montes volten a arder nas vindeiras datas, a agrupación de Protección Civil de Lalín organiza cusiños de loita contra os incendios urbanos e forestais. O curso, que comeza hoxe e terá continuidade ata o día 5 de maio, foi otorgado e está homologado pola Academia Galega de Seguridade. Trátase dun cursiño de segundo nivel ó que acudirán trinta voluntarios pertencentes ás agrupacións de Lalín, Cambados, Catoira, Vilagarcía, A Estrada, Meis, Vila de Cruces e Agolada. Prácticas na base lalinense As clases impartiranse na Casa da Xuventude de Lalín e comenzan hoxe, en horario de 15 a 21 horas, coa impartición do primeiro módulo que versará sobre incendios forestais. Mañán, o tema a tratar serán os primeiros auxilios. O vindeiro fin de semán, días 27 e 28 de abril, os voluntarios recibirán ensinanzas sobre os incendios urbanos e, na base de Protección Civil de Lalín, faranse prácticas de incendios urbanos. Por último, os días 4 e 5 de maio, os temas a abordar serán os incendios forestais e a sinalización de sinistros. O cursiño de loita contra incendios urbanos e forestais de segundo nivel consta dun total de corenta horas e o obxetivo do mesmo e mellorar a formación dos voluntarios das agrupacións de Protección Civil dos distintos Concellos de Galicia a través de prácticas e ensinanzas sobre temas de prevención e de actuacións en casos de accidentes, sinistros ou incendios.