MONTSE GARCÍA A ENTREVISTA Víctor Blanco, responsable de Protección Civil de Lalín que organiza un curso contra incendios A Agrupación de Protección Civil de Lalín organiza un curso de loita contra incendios no que participan trinta voluntarios de varios municipios da provincia de Pontevedra. A actividade empezou este fin de semana e continuará nos dous próximos. O responsable do colectivo, Víctor Blanco Taboada, explica que hai moita demanda de estos cursos. Incide en que con eles o que buscan é aprender posto que non son obligatorios nin despois cobran nada.
21 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Víctor Blanco está satisfeito de organizar o curso dende Lalín. -¿Cómo xurdiu a idea de face-los cursos sobre incendios? -Véñense facendo tódolos anos. Están promovidos pola Academia Galega de Seguridade (AGS) e adxudica tres para a provincia. As agrupacións temos que loitar para conseguilos. O ano pasado conseguimos o curso básico e o de accidentes en carretera. Este ano loitei por lograr o de incendios e lográmolo. -¿Cal é a súa función como organizador? -Envio información as agrupacións que están cerca de nós para cubrir as 30 plazas. Son só para voluntarios de Protección Civil que teñen aprobado o curso básico. Veñen de Cambados, Catoira, Vilagarcía, A Estrada, Meis Vila de Cruces, Agolada e os de Lalín. -¿Cómo se desenvolve o curso? -Consta de tres módulos: incendios forestales, incendios urbanos e primeiros auxilios. Teñen unha parte teórica e unha parte práctica. -¿Cal é a razón pola que se fan estes cursos? ¿Habilitan para máis actividades? -Son voluntarios. Os que están en Protección Civil é porque queren. Buscan aprender para actuar, e para iso canto máis formado estea un, mellor vai ir a agrupación, ninguen lles manda nin cobran nada. Ó final danche un diploma. -¿Están completas as 30 plazas? -Sí. Ademais sempre se quedan poucas. Moita xente ten que esperar para outros anos. En Pontevedra hai 44 asociacións e con cinco de cada unha que queiran facer esta actividade, o número elévase moitísimo. -¿Aféctalle moito as agrupacións a falla de obxectores de conciencia? -A outras si porque tiñan moitos o que lle permitía facer máis operativos. A nós non tanto porque había moi poucos.