TEMA Antas de Ulla

Últimos artículos publicados

13 sep 2026
Teresa Batán, co seu libro preferido, «Memorias dun neno labrego», de Neira Vilas

Antas de Ulla homenaxea á súa bibliotecaria, Teresa Batán, que percorreu as aldeas buscando maiores que contasen contos: «Unha biblioteca nun pobo logra unha sociedade máis xusta e libre»

Pioneira na dinamización cultural e referente na democratización da cultura na comarca, Teresa xubílase despois de pasar 36 anos dedicada a achegar a lectura e o teatro a varias xeracións. O grupo teatral, a hora do conto, unha longa listaxe de premios, encontros literarios con adolescentes, escritores convidados ?como Neira Vilas acabado de chegar de Cuba? ou clubs de lectura como os de bebés son algunhas das propostas ás que deu vida

Laura López

04 jun 2026
Brais Vázquez Lamazares, co seu primeiro libro.

Un libro repasa a relevancia do deporte no rural de Lugo: «A única vez que vin a tanta xente xunta, que non fora nun funeral, foi darredor dun campo de fútbol»

O ulloán Brais Vázquez Lamazares acaba de publicar «Acordanza (o libro do recordo nos deportes)», con fitos do deporte mundial e un alegato ao papel do deporte na conservación das tradicións, do patrimonio cultural, da memoria colectiva e como elemento socializador: «O deporte na Ulloa está moi vivo. A nosa comarca é moi prolífica se a comparamos con outras coma o Deza ou a Terra Chá»

Laura López