TEMA Agustín Fernández Paz

Últimos artículos publicados

20 jun 2002

Crece el número de escritores gallegos que buscan nuevos lectores en el castellano

Con la publicación de dos nuevos libros, Agustín Fernández Paz tiene traducida prácticamente toda su obra literaria Hubo un tiempo en el que Manuel Rivas era un llanero solitario de las letras gallegas cabalgando por la dura meseta castellana. Cierto que otros autores nacidos a este lado del Telón de Grelos se codeaban con los escritores de Castilla, pero no con textos que habían sido paridos en gallego. Ahora, el panorama ha cambiado, y por la meseta castellana se mueve un número de autores gallegos ven como sus obras están siendo traducidas al castellano, a la busqueda de nuevos lectores. Así, Agustín Fernández Paz, acaba de publicar «El centro del laberinto» y «Avenida del Parque, 17» (Editorial SM) y casi toda su obra está traducida al castellano.

R. GARCÍA

01 abr 2002

A literatura infantil e xuvenil de Galicia asume o reto de chegar a un público internacional

A moda, a música folk e mesmo o marisco son algúns dos sinais de identidade das exitosas exportacións de Galicia. Tamén o pode ser a literatura infantil e xuvenil, un ámbito do que hoxe se celebra o seu día en todo o mundo. Galicia conta cuns autores e ilustradores que teñen a calidade dos mellores escritores internacionais para rapaces, e tamén editoriais especializadas como Kalandraka abren delegacións en Madrid e traducen libros a linguas como o coreano. A este esforzo súmase tamén a Xunta cunha campaña de promoción e difusión dunha literatura que, feita para cativos, pode ser lida por tódolos públicos.

REDACCIÓN

21 mar 2002

Retallos de Xosé Chao Rego

Os escolares chairegos brindaron onte unha emotiva homenaxe ó escritor e teólogo de Vilalba A concomitancia entre Xosé Chao Rego e chairego foi máis evidente que nunca durante a homenaxe que lle brindaron os estudiantes de Vilalba, Castro de Rei, A Pastoriza e Guitiriz. Aínda que non lle gustan estos actos, emocionouse cos retallos da súa vida que lle lembraron os mozos. Disfrutou con «emoción tranquila e profunda» desta xornada preparada con entusiasmo pola comunidade educativa do instituto de Guitiriz. Esta terceira edición do Día das Letras Chairegas foi a confirmación de que por enriba da palabra non hai quen pase. Pepe Chao concluiu: «A Chaira é sobre todo horizonte. Un horizonte de esperanza e camiño».

JOSÉ MIGUEL LÓPEZ

19 mar 2002

«Os anuncios que aparecen nos xornais son unha fonte inesgotable de historias»

Agustín Fernández Paz, escritor Cada día, os xornais traen un feixe de historias de todo o mundo. Os titulares recollen acontecementos, épicos, tristes, felices ou dramáticos. Pero os periódicos tamén teñen a súa letra miúda. E nela detívose Agustín Fernández Paz para escribir os relatos recollidos en «Contos por palabras». Anuncios que en principio parecen só buscar un emprego poden tirar do fío da imaxinación e abrir a porta para que o fantástico entre na vida cotiá. «Contos por palabras» foi o primeiro libro galego en acadar o Premio Lazarillo é un volume que convida a disfrutar a lectores non só novos, senón de tódalas idades.

XESÚS FRAGA

19 mar 2002

«Contos por palabras», dez relatos que parten de anuncios nos xornais

O volume, Premio Nacional de Literatura, recolle dez contos que parten de anuncios nos xornais No inicio dos «Contos por palabras» o autor fai unha confesión: «Ler cada día os xornais foi sempre unha necesidade imprescindible para min. Todas as mañás me mergullaba con paixón naquelas páxinas impresas». Este é o espírito desta obra de Agustín Fernández Paz.

LAURA CAVEIRO, gañadora do premio Rubia Barcia de Ferrol

15 feb 2002

Volta a Vilagarcía o programa «Sube ó tren da lingua»

Máis de mil escolares do municipio participarán na iniciativa A máis divertida viaxe en tren. Paiasos, contacontos, grupos de animación e, sobre todo, un día de festa. Son as actividades que ofrece Caixanova, Renfe e Política Lingüistica nesta nova edición de «Sube ó tren da lingua», un programa que permitirá a máis de mil nenos de Vilagarcía viaxar de novo neste tren da fantasía en lingua galega.