Os escolares chairegos brindaron onte unha emotiva homenaxe ó escritor e teólogo de Vilalba A concomitancia entre Xosé Chao Rego e chairego foi máis evidente que nunca durante a homenaxe que lle brindaron os estudiantes de Vilalba, Castro de Rei, A Pastoriza e Guitiriz. Aínda que non lle gustan estos actos, emocionouse cos retallos da súa vida que lle lembraron os mozos. Disfrutou con «emoción tranquila e profunda» desta xornada preparada con entusiasmo pola comunidade educativa do instituto de Guitiriz. Esta terceira edición do Día das Letras Chairegas foi a confirmación de que por enriba da palabra non hai quen pase. Pepe Chao concluiu: «A Chaira é sobre todo horizonte. Un horizonte de esperanza e camiño».
21 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Podíase dicir que onte en Guitiriz non estaban todos os que eran pero si eran todos os que estaban. Incluso, os que non puideron acudir enviaron escritos de apoio co que non se lles votou en falta. Non deixaron de facer referencias ós que puxeron cambadelas a esta festa da cultura da comarca, adicándolle un «pisa a modiño, que pisas nos meus ollos». O representante dos alumnos do IES de Guitiriz, Álvaro Santos, fixo pública a oferta para organizar a cuarta edición, e se non xurden voluntarios estarán dispostos a «tirar do carro» para que non se perda este día. O escritor Agustín Fernández Paz sinalou que isto é un miragre: «As veces hai que loitar contra quen pecha as portas a evidencia de que a lingua é a nosa maior creación».