José Ramón Gude, distribuidor de Martín Códax en Nueva York Supoñamos que está vostede en Nova Iorque e que os aforros lle permiten xantar no restaurante situado no alto das Torres Xémeas. Sentado alí, no cumio do mundo, a mórriña lle abre a fame ó ver o nome do poeta Martín Códax escrito na carta de viños. Non fará falta que calcule, en tan afortunada circunstancia, como «o mellor blanco do mundo e punto» chegou ó centro da cidade de Woody Allen. Chegou das mans de Xosé Ramón Gude, natural de Aguiño, marino mercante de profesión, que recalou un día ó pé das torres máis altas do mundo e puxo en marcha unha empresa de distribución adicada fundamentalmente ós viños españois, entre eles ó albariño. Un viño para o que asegura un mercado inesgotable nos Estados Unidos.