«É necesario promocionar a defensa da natureza e do turismo sustentable»

La Voz

AGRICULTURA

09 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Adriana R. Eiroa pasa entre seis e oito fins de semana ao ano en establecementos de turismo rural galegos, con confesa preferencia por aqueles nos que se realizan boas prácticas ecolóxicas, na liña de defender o turismo sustentable. É de Vimianzo, vive na Coruña e traballa en Oleiros.

-¿Por que esa preferencia?

-Está claro que hai que facer un turismo baseado na planificación e na xestión controlada dos recursos para asegurar a viabilidade a longo prazo.

-¿É caro o turismo rural en Galicia?

-Algo caro si é. O mellor é ter un paquete, como o que xa pasou do Outono Gastronómico.

-¿Ten que cambiar, pois?

-É necesario promocionar a defensa da contorna, a natureza e outras actividades como os moi bos produtos ecolóxicos que producimos.

-¿Que bota de menos en Galicia?

-Ao igual que noutros países, aquí se debería potenciar máis o agroturismo, onde se poidan aprender os procesos agrícolas, convivir coas familias... Sería moito máis enriquecedor.

-¿Unha experiencia negativa como cliente?

-Pois non me lembro de ningunha.

-¿E unha positiva?

-Este verán pasado estiven varias veces en Casa Caxigueiro, en Sarria, e foron moi amables ensinándome todo, reencontrándome con elementos patrimoniais e culturais da zona. Foi unha sensación como non tiven antes.

-Por certo, ¿cal é a bisbarra que lle gusta máis desde o punto de vista do turismo rural?

-A de Arzúa, preto do Camiño Francés. De feito eu pertenzo a unha asociación do Camiño de Santiago e a maioría das casas que coñezo están a carón dalgunha das oito vías de peregrinación que temos en Galicia.