«Nós non podemos esperar que a Administración nos vaia dar todo feito»

C. R.*+C. R.*+C. R.

SOCIEDAD

09 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Presidenta de Fegatur (a Federación Galega de Turismo Rural) e propietaria do pazo A Nugalla, na Estrada (o concello galego con máis establecementos de turismo rural), Marisol Lorenzo non ten reparos en admitir que «como grupos empresariais, como microempresas que somos, non podemos esperar que a Administración nos vaia dar todo feito».

-¿Para os seus asociados foi mellor a Semana Santa do 2007 do que parece que vai ser esta?

-Estamos acusando un pouco este medo á crise que se di por aí. A xente, antes de reservar, di vai ver «qué vai pasar coa hipoteca», e anda un pouco máis retraída.

-¿Calquera tempo pasado foi mellor?

-O ano pasado as cousas estaban un pouco mellor, había máis reservas e mellor repartidas, e agora hai unha maior concentración en zonas que se promocionaron.

-¿E que fai a Xunta?

-En realidade, debemos recoñecer que a Xunta debe ser unha axuda e máis nada.

-¿Cal é a solución?

-Asociarnos todos, como xa facemos en Fegatur, para chegar a sitios aos que illadamente non daremos chegado, pero xuntos, con autopromoción, son alcanzables. E hai zonas que necesitan promoción conxunta con outras actividades, como a pesca ou a visita a espazos naturais.

-¿Non existen moitas casas de turismo rural?

-Demos o tope. Agora o que temos é que competir en calidade e en oferta. Non só en aloxamento e restauración, senón noutras actividades que fagan atractivo o turismo rural e que promocionen subsectores que ata agora non foron promocionados.

-¿Por exemplo?

-O turismo de natureza, poñer en valor a Rede Natura, o patrimonio organizando rutas de arqueoloxía...