Estrea de «Reversos» no ciclo «Galegos hoxe»

La Voz

VIGO CIUDAD

23 mar 2010 . Actualizado a las 00:36 h.

O segundo concerto do ciclo de música de cámara Galegos hoxe acollerá a estrea absoluta da peza musical Reversos, composta especialmente para este ciclo polo músico e profesor do Conservatorio de Vigo Fernando Buide. É unha peza onde o saxo e o vibráfono representan dous mundos aparentemente opostos, o vento fronte a percusión. A cita terá lugar no auditorio de Vilagarcía. 21.00 horas. Entrada gratuíta.