O documental «Aillados» será proxectado en Monforte o 25 de maio

La Voz LA VOZ | MONFORTE

VIGO CIUDAD

21 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?onforte é unha das dezasete localidades galegas onde será proxectado o documental Aillados , que conta a historia do campo de concentración instalado polo réxime franquista na illa de San Simón, na ría de Vigo. En Monforte poderá verse na Casa de Cultura, o 25 de maio, ás oito e cuarto da tarde. As proxeccións deste filme están organizadas pola Consellería de Cultura dentro do programa de actividades do Ano da Memoria, e serán acompañadas de debates.