«Estamos en condicións de pelexar contra todos»

Lorena García Calvo
lorena g.c. VIGO / LA VOZ

REDONDELA

Carlos Castro

Choco y Rápido de Bouzas se ven las caras el próximo domingo en Redondela. Los locales llegan huyendo de la zona de descenso y los vigueses defendiendo un liderato en el que se han acomodado

27 ene 2017 . Actualizado a las 12:17 h.

Marcos Montes (Redondela, 1975) sabe que a esixencia que agarda ao seu equipo o domingo será máxima, pero tamén sabe que o Choco está a dar un paso adiante e que pode competir con calquera. A iso se agarra o grupo, que está tres puntos por riba do descenso.

-¿Como chega o Choco ao encontro?

-Animicamente chegamos ben non só pola vitoria co Ordes, que era gañable, senón pola do Vilalonga, e máis aínda cando no 61 estabamos perdendo 2-0. O gol no desconto serviunos para sumar os tres puntos e darnos un empurrón emocional. Chegamos nun momento de mellora.

-¿Que cambiou nos últimos tempos para o equipo?

-Realmente non hai tanta diferenza agora, cando gañamos, que antes, cando non. En Terceira os partidos decídense por matices, e igual un deses matices é a recuperación de Silva, que xa está xogando habitualmente, ou os reforzos de Javi como central e Caloi como mediocentro. Redundan na mellora da calidade dos adestramentos e con iso melloramos todos en conxunto. Pero tampouco estamos moito mellor que cando perdíamos. Hai que aproveitar a boa dinámica de resultados, que é o que fai que os equipos medren.

-¿Que agarda do partido? ¿Quen vai ser o que propoña?

-O Choco. O Bouzas é un equipo moi perigoso, cun fútbol moi definido que fai moi ben, pero a súa virtude non é ser protagonista no xogo.

-¿Cal é o perigo do rival?

-A pegada, ten xente de moito talante ofensivo, como poden ser Carnero e Carlos, e sobre todo, moita solvencia defensiva. É un equipo moi compacto no que traballan todos e é moi difícil crearlle ocasións de gol.

-¿Como pode gañar o Choco?

-Nós imos tratar de ser nós mesmos, ser protagonistas no xogo, ter a pelota e levala por situacións nas que poidan sufrir e facerlles dano.

-¿O 4-1 da primeira volta pode servir de referencia?

-Non, penso que non vai ter moito que ver porque agora mesmo nós estamos mellor e seguramente eles tamén o estarán a nivel mental. Ademais o campo de Santa Mariña é totalmente distinto ao Pujales e quero pensar que poderemos ver outro tipo de encontro.

-¿Confía na vitoria do Choco?

-Si, por suposto, agora mesmo o Choco está en condicións de pelexar contra todos os rivais da categoría sen ser inferior a ninguén, pero debemos saber que se non traballamos todos, empurramos todos e poñemos o máximo, non imos quitar os partidos. Se cremos que agora mesmo xa está todo feito sería un gran erro e poderíamos ter complicacións na clasificación nas futuras xornadas.