A Festa da Cultura encher de novo hoxe de baile, teatro, música e folclore a Porta do Sol
27 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe desde 18.00h • Porta do Sol • Entrada libre • A Festa da Cultura encher de novo hoxe de baile, teatro, música e folclore a Porta do Sol. O evento que organiza a Agrupación de Centros Culturais de Vigo e conta co respaldo do Concello, cumpre quince edicións este ano. Tras as intensas xornadas de mañá e tard de onte, o evento remata hoxe cun programa que arranca ás 18.00 horas a partir das que irán actuando os seguintes grupos: Regueifas, Grupo de Gaitas Aturuxo, Amieiras-Ledicias de Valladares, Pandereteiras de Raíz de Xestas, Monteira e Danzas do Mundo. Tras un brevisimo descanso, o escenario o ocupará a partir das 21.30 horas, a formación Abóbriga, grupo de música tradicional de Baiona. Abóbriga xorde a finais do ano 2008, cando parte dos gaiteiros do Monteboi contactaron con varios músicos para facer unha colaboración e tanto gustou o resultado que decidiron formalizar o grupo. No 2012 lanzaron o seu primeiro traballo discográfico, Foliada en Baiona, con temas onde ofrecen unha mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propias como Pasodobre Punta Balea e cancións populares.