La profesora de Vigo que defenderá en Bolonia el paisaje de Galicia

e. v. pita VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

A sus 28 años, Paula Gamallo Carballude, es jefa de servicio de la Xunta tras tres ascensos meteóricos, investiga en la Universidad de Vigo y leerá su tesis doctoral en Derecho del Medio Ambiente gallego en la Universidad de Bolonia. Reclama claridad y coherencia en la protección legal del medio ambiente.

06 jul 2025 . Actualizado a las 21:40 h.

Con 28 años es expediente brillante, campeona nacional de baile deportivo, premio nacional fin de carrera, doctoranda en Bolonia... y alta funcionaria de la Xunta ascendida tres veces en 6 meses. La profesora e investigadora Paula Gamallo Carballude (Silleda, 1996) se levanta a las cinco y media de la mañana en Vigo para viajar a su despacho en Santiago donde, desde hace un mes, ejerce como jefa del Servicio de Xestión Medioambiental en la Consellería de Medio Ambiente. Por las tardes, vuelve a la facultad de Ciencias Xurídicas de la Universidade de Vigo para investigar en su tesis sobre derecho del medio ambiente gallego, que leerá en noviembre en la universidad italiana de Bolonia.

Concatena éxito tras éxito desde el 2019. Ese año fue campeona de España de baile deportivo a la vez que acabó el doble grado en Administración y Dirección de Empresas y en Derecho por la UVigo y obtuvo el premio al mejor expediente académico de su universidad y de Galicia. Hace semanas fue reconocida con los Premios Nacionales de Fin de Carrera en ambas titulaciones, galardón que recibirá en Madrid.

Paula Gamallo niega tener memoria fotográfica ni trucos de estudio. Desvela el secreto de su éxito: «Fago moitas cousas e cando estaba na carreira competía, supoño que o tempo que tiña aproveitábao ao máximo, procuraba que fose tempo de estudo de calidade. Penso que a clave está sempre na actitude, o esforzo e, sobre todo, na constancia. Saber que debía compaxinar traballo, estudo, a tese e outros compromisos obrigoume a estar organizada e a dar o mellor de min».

Su tesis propone mejoras en el derecho medioambiental gallego. «Abordo a necesidade de construír un marco normativo máis claro e coherente para a protección da paisaxe en Galicia, especialmente ante os novos retos que supón a transición ecolóxica, como os parques eólicos e as grandes infraestruturas. Tamén pon o foco en como o entorno afecta directamente á saúde das persoas, defendendo un enfoque integral que combine sustentabilidade, ordenación territorial e benestar social», afirma.

Se interesa en cómo gestionar la llegada de los parques eólicos o los data centers. «Galicia conta cun patrimonio natural e cultural excepcional que merece ser xestionado de forma sustentable e posto en valor con sensibilidade e perspectiva a longo prazo», afirma. «A cuestión paisaxística non pode ser un engadido, senón un elemento central e transversal en calquera intervención territorial de gran impacto», recalca.

Carrera «meteórica»

Al finalizar sus estudios en el 2019, compaginó el máster de acceso a la Abogacía con su trabajo como asesora fiscal en una firma internacional en Barcelona, donde ejerció casi tres años. En el 2022 dio un giro e inició una tesis doctoral centrada en la legislación medioambiental gallega, dentro de un contrato predoctoral en la UVigo que le permitió impartir docencia en Derecho Administrativo. Luego obtuvo la beca del Real Colegio de España en Bolonia, lo que le abrió la posibilidad de cerrar un convenio con la Universidad de Bolonia para así poder ser también doctora por dicha universidad.

«A miña estadía en Bolonia foi un punto de inflexión: permitiume avanzar de maneira notable e, sobre todo, incorporar novas perspectivas comparadas rodeada dos mellores perfís de doutorandos españois», indica. Agradece el apoyo moral de su entorno. Sus directores de tesis supusieron «unha grande motivación tanto intelectual como persoal».

Al mismo tiempo que estudiaba, se presentó a la oposición a la Administración General de la Xunta. Aprovechó que impartía docencia en materias relacionadas y en el 2024 obtuvo plaza como funcionaria. Desde enero, su trayectoria ha sido «meteórica», como ella dice. Comenzó con un puesto base en la Consellería de Facenda y ascendió dos veces. En junio le ofrecieron ser jefa de servicio, en un puesto de nivel 28 sobre 30, que asume con «motivación e compromiso».

M.MORALEJO

«Unha mellora imprescindible sería adaptar a lexislación paisaxística á ordenación do territorio e á planificación urbanística e sectorial»

Paula Gamallo Carballude explica as claves do dereito medioambiental en Galicia. Desde o seu posto, investiga retos xurídicos respecto a paisaxe do litoral galego ou as empresas con gran impacto no medio como os parques eólicos ou os futuros «data centers».

- Evaluaste á papeleira Altri?

-Daquela non estaba na Xunta.

- Estás a realizar algunha acción para correxir o feísmo na paisaxe galega?

- Non discuto que o feísmo teña que ver coa paisaxe galega pero é unha cuestión na que non profundicei nin ten encaixe coa miña investigación nin co meu posto.

- Adaptouse o Dereito Ambiental galego a novos fenómenos como os data centers ou centros de datos, de alto consumo eléctrico?

-Estamos avanzando, pero aínda queda camiño por percorrer. A existencia dun entramado normativo complexo, froito tamén das esixencias europeas e internacionais, fai que convivan normas xurídicas con instrumentos de soft law moi variados e pouco articulados entre si. Aínda así, hai unha labor xurídica moi destacable que está marcando o camiño, como a que están a realizar expertos como Marta García Pérez e Javier Sanz Larruga, especialmente na elaboración da recente lei do litoral galego, que representa un esforzo por harmonizar e reforzar o noso marco normativo.

- Pensas que o Dereito Administrativo galego foi unha ferramenta eficaz para regular as enerxías alternativas como os parques eólicos?

-Sen dúbida. O traballo técnico e xurídico que se realizou desde Galicia foi moi sólido, tal e como sinalaba anteriormente. Pero gustaríame destacar tamén o labor do persoal da propia Administración, algo que puiden comprobar de primeira man traballando na Xunta. O seu traballo de campo e a súa experiencia directa cos procedementos serviron en moitas ocasións como base para mellorar o noso ordenamento xurídico autonómico.

- Desde o teu posto, avaliáches o paisaxe de Vigo e a súa área? Detectaches algo?

- Aínda non tiven a oportunidade de facelo desde unha perspectiva práctica e directa, pero si desde a análise teórica que realizo na miña investigación. Como parte da Xunta, sei que hai marxe de mellora en moitos aspectos, pero tamén que moitas competencias clave en materia paisaxística son estatais ou supramunicipais. Aínda así, o liderado da comunidade autónoma é clave, e o noso papel debe ser exemplarizante.

- Que cambiarías ou mellorarías da paisaxe galega? Que poñerías en valor?

- Desde o punto de vista normativo, unha mellora imprescindible sería adaptar a lexislación paisaxística á ordenación do territorio e á planificación urbanística e sectorial. Estas últimas constitúen a base sólida do noso ordenamento e deben traballar en consonancia cos criterios de protección da paisaxe. Galicia conta cun patrimonio natural e cultural excepcional que merece ser xestionado de forma sustentable e posto en valor con sensibilidade e perspectiva a longo prazo.

- Pensas que o Dereito paisaxístico galego debe regular a instalación de data centers, que consumen moita enerxía e requiren liñas de alta tensión?

- A paisaxe como concepto xurídico ten o seu fundamento no dereito-deber recollido no artigo 45 da nosa Constitución a través da protección do medio ambiente. Polo tanto, si, creo que é unha cuestión que debe terse en conta dende o inicio. A cuestión paisaxística non pode ser un engadido, senón un elemento central e transversal en calquera intervención territorial de gran impacto. Para isto, faise necesario que se traballe en simbiose cos plans de ordenación do territorio e sectoriais, para que a toma de decisións sexa equilibrada e respectuosa co entorno a todos os niveis.