O programa vigués Verán Xove oferta 4.000 prazas en campamentos

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

ALBA PEREZ

As inscricións comezarán unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Goberno aprobou as bases do programa Verán Xove 2023, os campamentos para a mocidade desde os 4 aos 17 anos, que este ano suma 4.000 prazas en máis de 60 emprazamentos. O obxectivo do Conceloo é facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias de Vigo. O importe do programa supera o medio millón de euros.

O alcalde, Abel Caballero, informou que as inscricións comezarán unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia e coa data límite do 31 de maio. As prazas para a participación no programa serán outorgadas por sorteo, como ven sendo habitual.

Emprazamentos

Abel Caballero numerou os distintos emprazamentos das actividades: Alcabre, Berbés, Náutico en Bouzas, Coia, Lavadores, Navia, Samil, Urbano de Travesas, Vigosónico e Vigozoo. Este ano hai medio milleiro de prazas máis dispoñibles que o ano pasado e 2.000 máis que en 2021. Trátase da maior oferta de campamentos da historia da cidade.