«Rabia ao silencio» é un percorrido por algunhas das grandes cancións latinoamericanas
06 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Rabia ao silencio é a nova entrega discográfica de Ses, que se poderá escoitar no Teatro Afundación a partir das 21.00 horas. É un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, principalmente latinoamericanas, adaptadas pola autora.
-De que vai este disco?
-Vai de todos os pobos pequenos, que ao final somos a maioría porque incluso as grandes estruturas estatais están divididas en pobos, en comunidades humanas, que ao final é o que somos. É un disco de homenaxe a diversidade cultural.
-Por que decidiu reinterpretar estas cancións?
-Nun principio todo isto ía ser un espectáculo para saldar unha débeda contraída con toda esa xente que, non é que me influiran musicalmente, pero si ensináronme a pensar e a ser libre. A xente que me rodea gustoulles moito e animáronme a gravalo nun disco.
-Por que o título?
-Era o texto que mellor definía o traballo no sentido en que o que une a todas esas cancións é a expresión, o non quedar calado ante a inxustiza e as cousas cotiáns da vida. É un canto contra o medo e a indolencia.
-A ti non se te pode acusar de quedar calada.
-Sempre fun unha avogada de preitos pobres, pero eu me expreso con naturalidade, tampouco me teño por unha tía protestona, claro que no pais dos cegos o torto é o rei. Parece que se puxo de moda non dicir nada, e cando alguén di algo parece que é superreivindicativo. Eu non teño ningunha vergoña de selo, pero desde logo hai que ver que a grande maioría das miñas cancións son de amor.
-Que cancións lle piden máis nos concertos? As de amor ou as de rabia?
-Penso que están equilibradas porque son dous sentimentos que todo o mundo ten. Cando eu digo algo nun concerto, a peña asinte e ninguén se sorprende do que estou dicindo, pero ao mesmo tempo, tamén me piden outras cousas. É obvio que eu non podo rematar un concerto sen cantar Tempestades de sal.
-Como viviu o pasado 8 de marzo?
-Mentiría se che dixera que non me sorprendeu este 8 de marzo, pero creo que os resultados téñense que ver entre semanas e, sobre todo, nas urnas en votos a favor de partidos políticos que avoguen por iso. Nese momento si que poderemos avaliar realmente o alcance deste ruido, pero ata o momento so foi ruído, bonito de escoitar.
-Está de acordo con que é este o teu disco máis vocal?
-É un disco menos producido e a miña voz ten máis presenza, pero non buscabamos que a miña voz gañase máis presenza, se non que tiña que tela o texto. Liberar de artificios innecesarios, porque o importante era o importante, que é o que se di. Porque hai está o mellor do mellor.