Cómicos para unha subasta de risa

La Voz

VIGO

CEDIDA

Coleccionistas é unha obra con Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay

10 jun 2018 . Actualizado a las 05:35 h.

Hoy • 20.00 horas • Auditorio Teatro Afundación • Desde 12 euros • O Teatro Afundación acolle a representación de Coleccionistas. Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, os protagonistas da comedia cargada de sorpresas no que o importante non só acontecerá sobre o escenario. Os espectadores converteranse en afamados coleccionistas das mellores obras de arte, dispostos a participar nunha gran poxa. Pereiro, Digón e Romay encargaranse de describir con todo luxo de detalles a historia, o anecdotario ou o proceso de creación de cada un dos cadros, cando non a vida do artista. Comedia e arte mesturaranse nun espectáculo irrepetible que dirixe Oswaldo Digón e conta con música en directo a cargo do mestre Cristian Leggiero.