O ghaiteiriño do Piñeiro, José Fernández Canosa, acaba de sacar ao mercado o seu primeiro disco da man de Edicións do Cumio. É o número 19 da colección «Os nosos gaiteiros» y foi gravado na súa casa de Aldán nun estudio móvil da Radio Galega en sendas sesións maratonianas en dous días.
O productor do disco, Guillerme Ignacio, membro dos grupos Quempallou e Tear de Llerena, revelou que na primeira sesión, Canosa gravou 33 pezas en dúas horas, algo que considera moi difícil de superar. O ghaiteiro, sin embargo, o ve normal. Aos seus 74 anos, os medicamentos que toma son tazas de viño. «Son as miñas pastillas», afirma, antes de engadir que non «hai que pasarse».
No disco está acompañado polo seu grupo, Airiños do Piñeiro. Nalgunhas das pezas, como a Dansa de Aldán (que tocou durante anos) ou a curiosa panxoliña Reis de Aldán, unha das pezas do repertorio para pedir os Reis, participan tamén galáns que bailaron ou aínda bailan a danza coas súas castañolas e un grupo vocal que canta a panxoliña.
O «Ghaiteiriño» recoñece que non sabe música. «O meu é de ouvido», afirma. «As veces piso notas que non lle pertenecen», engade. Membro dunha familias de gaiteiros, empezou a tocar aos doce anos. Agora, con 74, ten o seu primeiro disco.
Na presentación do CD, a alcaldesa animouno a seguir tocando «esa música que, como o idioma, nunca podemos perder».
Canosa herdou a manía do seu pai de non permitir que ninguén toque a súa gaita. Asegurou, sin rubor, que lle deixou claro a súa muller este extremo: «Quero máis a gaita do que che quero a ti».
Salasón acolle hoxe unha festa homenaxe na que ademáis de Canosa e o seu grupo, actuarán O tear de Llerena, Sachadiço, Treixadura co seu orfeón e Os Carunchos. Será a partir das nove da noite.