José Suárez participa na construcción da maqueta virtual da catedral de Santiago e o seu entorno urbano que está facendo o laboratorio da universidade de California (a coñecida como UCLA) por iniciativa do seu profesor de Literatura Medieval, John Dagenais. A iniciativa comenzou como unha actividade para achegar aos seus alunnos á realidade medieval europea. No mesmo laboratorio, outros profesores están elaborando a reconstrucción virtual do templo de Salomón, dun templo inca de Perú e da antiga cidade de Roma. -¿Como se viu involucrado nesta iniciativa? -O profesor John Dagenais visitou Santiago cun grupo de alumnos cando eu era o arqueólogo e restaurador da catedral. A partir de ahí iniciamos a colaboración. -¿En que consiste este proxecto? -É unha reconstrucción basada en datos científicos da cidade de Santiago cando se deu por rematada a catedral, sobre 1211. É una reconstrucciónd a catedral e o seu entorno urbano. -¿Cal é a súa finalidade? -Por unha parte, a reflexión cjuentífica sobre o que se pretende reconstruir; por outra, a didáctica, mostrar como era unha cidade medieval europea que era tamén un centro de peregrinación. Para o público en xeral, permite ver a evolución do santuario e da cidade, comparar, ver os cambios ao longo do tempo. -¿Que proxección ten este traballo en Norteamérica? -Estase utilizando como promoción. Cada vez que se move a maqueta en América, cada vez que se presenta públicamente a estudiantes, en congresos, é unha promoción implícita de Santiago e do camiño. O proxecto é apoiado desde galicia pola Xunta a través do Xacobeo. -¿Como a describiría?. ¿É moi chamativa? -É bastante espectacular. É unha reconstrucción virtual na que podes moverte libremente que tamén inclúe reconstrucción do sonidos da época. Así, por exemplo, cando te acercas ao altar da catedral, escoitas música litúrxica, e fóra, o ruído da xente. É como se sentiras que estás paseando polo Santiago daquela época. -¿Cando chegará a maqueta a Santiago? -Non hai unha previsión determinada. A idea é expoñelo unha vez realizada a reconstrucción e que forme parte do circuito dunha visita a Santiago. É una reproducción en 3D que necesita unha montaxe especial. Pode verse unha aproximación na web www.etc.ucla.edu.