Da desilusión á creación do Merlín en Mondoñedo

La Voz

VIGO

27 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Pódese dicir que Francisco Fernández del Riego recuperou a Álvaro Cunqueiro para a literatura en galego, cando o mindoniense voltou da súa estadía na capital de España, a mediados dos anos corenta. «É a verdade, el naquela época estaba desfeito, sen ilusión ningunha por nada, e eu animeino a escribir en prosa en galego, e aí naceu o Merlín e outros libros», recoñecía onte Francisco Fernández del Riego.

O libro ven acompañado dun cedé que inclúe varios poemas de Álvaro Cunqueiro lidos nas voces de Xohana Torres, Xoaquín Lens, Amelia García ou Laura Landeira.

Como é habitual na colección Galegos na historia , este libro reproduce numerosas fotografías que recuperan a xigantesca imaxe do autor mindoniense, falecido en Vigo no ano 1981, cando tiña setenta anos de idade.