Xacarandaina presentará en Vigo o seu espectáculo «Prestixio»

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

O Centro Cultural Caixanova presentará o vindeiro domingo, ás 20.30 horas, o espectáculo Prestixio , a cargo da compañía de danza galega Xacarandaina. Prestixio é un espectáculo de música e baile tradicional, co que se pretende dignificar unha das rexións do país máis interesantes: Bergantiños e a Costa da Morte. A súa situación xeográfica fai desta comarca unha zona illada, contribuíndo así á conservación de grande número de tradicións, que resaltan a súa singularidade e o seu enxebrismo. O novo espectáculo de Xacarandaina é froito dun intenso traballo que a compañía ven realizando desde hai case trinta anos en Bergantiños e, en especial, na Costa da Morte. A utilización de son, luminotecnia, sons naturais e unha esmerada posta en escena, ademais dun elenco de 50 artistas entre bailaríns, cantantes, músicos e actores, fan deste espectáculo algo novidoso e único no eido da cultura galega.