A defensa da lingua centra a entrega do Modesto Figueiredo

J. Santos MOAÑA

VIGO

ÓSCAR VÁZQUEZ

Moaña Esther Carrodeguas recibiu o premio do certame convocado polo Pedrón de Ouro Euloxio Leites, alcalde en funcións, agradeceu a elección do municipio para fallar o premio

30 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? entrega dos premios do XXXII Certame de narracións breves Modesto Rodríguez Figueiredo, celebrado onte no salón de plenos do Concello de Moaña, foi tamén un acto de defensa da lingua galega. O presidente da Fundación Pedrón de Ouro, convocante do certame literario, Avelino Abuín de Tembra. dixo que o organismo fixo en Moaña unha escala máis no seu «deambular» por Galicia en defensa da lingua. A delegada da Consellería de Cultura, Marta Souto, agradeceu ao Pedrón de Ouro o seu labor en defensa da narrativa, a cultura e a lingua galegas. Euloxio Leites, que exerceu como alcalde, desexou ao premiados unha manchea de éxitos «polo seu ben e polo ben da língua galega». Referiuse tamén á honra que sentiu a corporación e o pobo de Moaña por poder formar parte «dese selecto clube de pobos» aos que o Pedrón de Ouro invitou a colaborar no Certamen Modesto Rodríguez Figueiredo. Figueiredo, avogado natural do Porriño, segundo presidente do Pedrón de Ouro, morreu en 1973 en Baio no acto de entrega do premio á investigación convocado pola fundación cando pronunciaba un encendido discurso de forte contido galeguista. Antía Cal lembrou este episodio na súa intervención, concluíndo, emocionada, que Figueiredo morreu «de amor á terra». No acto, no que estaba presente a viúva, interviu tamén unha filla de Modesto Rodríguez. A gañadora, a xornalista Esther Fernández Carrodeguas, natural de Rianxo e veciña de Santiago, presentou o relato «Subir o telón», que describu como un puzle intimista e existencial sobre unha rapaza que non acaba de atoparse a si mesma. O seu relato, xunto cos dous que mereceron sendos accésits, presentados por Begoña Paz e por César Carracedo, e outros catro, será editado a finais do 2007 pola Fundación Pedrón de Ouro. O grupo de jazz moañés SOS Trío foi o encargado de poñer mçusica ao acto