Amarante quérese convertir no referente do comercio xusto en Galicia

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

A oenegé galega Amarante celebrou onte en Vigo ( no Centro Crisol), a súa Asamblea Ordinaria para informar da memoria de actividades do 2004 e aprobar os orzamentos desta oenegé para o 2005. Pero a grande novidade da reunión reside e que por primeira vez non campo da solidariedade en Galicia, unha ong aprobou un plano estratexico de actuación que define os obxectivos e as liñas de actuación de Amarante para o periodo 2005 ao 2009. «Tratase dun documento ambicioso que fai unha analise internacional, actualiza os principios, obxectivos e mision de Amarante e marca as liñas de traballo para o próximo lustro nos tres campos de actuación que levamos: Educación para o desenvolvemento, Consumo responsable e Comercio xusto, e Cooperación ao desenvolvemento», destacan. Unha terceira tenda No campo do comercio Xusto, Amarante quérese convertir no referente do Comercio Xusto na comunidade galega, e para elo prevé abrir unha terceira tenda en Compostela, que se viria a sumar ás que ten en Pontevedra e Vigo. Tamén pretende fortalecer acordos con empresas para asentar a primeira importadora de Comercio Xusto de Galicia. No campo de cooperación, asemade do traballo en América Latina e Mozambique, queren afondar no campo de proxectos con Ong do mundo árabe e apostar pola profesionalización da estructura técnica. Orzamentos A asemblea de Amarante aprobou os orzamentos do 2005, que pasaron con respecto ao exercicio do ano anterior, de 50.000 a 70.000 euros, según as previsións de gastos. Ditos gastos, tanto no balance 2004 como nas previsións do 2005 van dirixidos en primeiro lugar ao Comercio Xusto (35%), á campañas de Educación (20%) e a cooperación (15%), sendo soamente un 30% dos gastos de estructura. Por outra banda tamén cabe indicar que «mais do 65% dos nosos ingresos son propios, o cal define unha organización autosostible e independente de empresas ou administracións», aseguran.