O programa que organiza a concellería exténdese a todo o mes Entre as actividades previstas atópanse conferencias, actuacións musicais e recitais poéticos
01 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Tres exposicións de fotografías e unha conferencias abren o programa de actividades organizadas pola concellería da Muller con motivo do Día Internacional da Muller. Unha exposición gráfica da mobilización europea da Marcha Mundial das Mulleres celebrada en Vigo o pasado mes de maio centra a mostra que o colectivo Violeta amosa dende onte e durante todo o mes de marzo na Casa das Mulleres (Romil, 20) en horario de 17.30 a 21.30 horas. Por outra banda, Experiencias con el lapiz en mi juventud , de Pilar Duran, é a exposición de fotos que poderase visitar durante todo o mes na sala situada na rúa Colombia, 17 en horario de 17 a 19 horas, e que organiza a vocalía da muller da Asociación Gallega de Amigos del Rocío de Vigo. A secretaría da muller da Unión Comarcal de CC.OO amosa dende hoxe ao 13 de marzo unha exposición tamén de fotografía co título Invisibles? na Casa das Artes. Ademáis, Enriqueta Chicano Javega, presidenta da Federación de Mujeres Progresistas (Madrid), ofrecerá hoxe unha conferencia sobre a Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero , ás 18 horas no aula sociocultural Caixa Galicia e que organiza a Asociación Mulleres Progresistas. A programación é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller na que participan as asociacións e vocalías da muller do movemento asociativo de Vigo. As entidades organizadoras seguen a traballar nun obxectivo común que é o de acadar a igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida. Os próximos actos previstos son unha charla, o xoves, 3, as 17 horas, a cargo de Beatriz Ojea, licenciada en Xeografía co título De qué falamos cando dicimos igualdade? . Tamén o xoves, as 18.30 horas, haberá un concerto de piano e café na Asociación Veciñal de Lavadores (Avda. Ramón Nieto, 302). O mesmo día, ás 18 horas na Unión Cívica Municipal de Consumidores y Amas de Hogar (María Berdiales, 25, 1º), Rosana Araujo falará de A muller a través da historia . O venres ás 20 horas celebrarase o recital de poesía Elas na Casa Galega da Cultura ( Praza da Princesa,2). Todos os actos son de entrada libre.