Crise de representación

LOIS PÉREZ LEIRA

VIGO

OPINIÓN | O |

06 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

LA ÚLTIMA enquisa de Sondaxe referente á cidade de Vigo sinala que a cidadanía da un suspenso, tanto ao goberno local como á oposición. A realidade é que dende hai moitos anos esta cidade está sofrindo unha seria crise de representación política e tamén social. Vigo caracterízase polo seu dinamismo económico, seu medre demográfico e o seu alto nivel de conciencia social. Porén non hai relación directa entre o empurre da su estrutura económica e social coa súa superestrutura improvisada, carente de ideas e de audacia para gobernar esta cidade. Os políticos vigueses, casi sen distinción, son na maioría dos casos auténticos descoñecidos da vida local. Algúns dos cales chegaron a exercer resposnabilidades políticas por cuestións de amizade, sumision caciquil, ou ao chou. Só ao mirar ao actual equipo de goberno de Vigo decatarémonos que pouca historia hai en cada un dos nosos gobernantes. E se a isto agregamos a inexperiencia atopámonos cun panorama desolador. Pero non soamente acontece isto no goberno da corporación; entre os dous partidos da oposición existen os mesmos problemas ou parecidos. A cidadanía se está cansando de tanta promesa incumprida, de tanta farsa electoral e de tan poucos resultados. Quen gobernaran até agora subestimaron ao conxunto da nosa poboación, en xeral utilizaran o voto dos vigueses para conformar unha clase social chamada política, que en pouco o nada se diferencia. As ideas son as mesmas ou parecidas, o estilo de gobernar e semellante, como se di nalgúns circulos: sempre é máis do mesmo. É dicer, todos son parte dun sistema onde o lema central é «que cambie algo para que non cambie nada». Vigo e os vigueses merecemos outro trato e un xeito distinto de facer política. Hoxe máis que nunca se precisa dun goberno local que escoite os seus veciños e aos movementos cidadáns. Que as súas portas estén abertas para recibir suxerencias e tamén críticas. Un Concello onde existan verdadeiras canles de participación cidadá, onde os orzamentos sexan realmente participativos e exista un control sobre os mesmos. Moitos vigueses consideramos que «Outro Vigo é posibel e necesario» porque pensamos que merecemos unha cidade humana, que xenere calidade de vida, postos de traballo e ilusión de futuro.