Entrevista | Xosé Manuel Budiño O músico moañés ven de publicar o seu terceiro disco, «Zume de terra», que mañán presentará en directo no Centro Cultural Caixanova
16 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.é o título do novo disco de Xosé Manuel Budiño, o terceiro na súa carreira artística e primeiro no que o moañés asume íntegramente as labores de composición, arranxos musicais, producción e gravación. O álbum conta con numerosas aportacións. O bretón Jacky Molard colaborou co seu violín, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick participaron no tema Galo Galán , o músico e productor portugués Júlio Pereira toca o seu bandolín no tema Santiago Lisboa , as voces correron a cargo da caboverdiana Sara Tavares e da brasileira Lilian Vieira (de Zuco 103); e as letras foron compostas por Uxía Senlle (en Na liña da maré ) e por Manolo Cortés (en Quérome salvar ). Como curiosidade, o álbum contén a canción oficial do Xacobeo 2004, A Galicia vente xa , no que cantan Las Niñas, Mercedes Peón e Karen Matheson. O artista pasou pola turmix toda esta macedonia sonora que mañán, xoves, presenta en directo no Centro Cultural Caixanova (ás 22.30 horas). -¿A qué sabe este zume con tantos ingredientes e cómo deu coa receta? -Creo que é o froito dunha evolución lóxica. Empezamos a traballar hai un ano e medio aproximadamente e no momento no que me chegan gravacións antigas teño que cambiar todo o concepto do disco, porque, por exemplo, escoito a recopilación que fixo Mercedes Peón na colección Raiceiras , e atopo unhas gravacións feitas por Alan Lomax, que veu a Galicia no ano 52, e me rompen os esquemas. -¿E qué fixo con elas? -Incluín estas gravacións no disco, pero non para reinterpretalas, senon para integralas dentro da miña música como pinceladas de cor. Ese foi un dos grandes puntos de partida. O mesmo tempo atopo outra gravación de Castelao, que é o único rexistro sonoro que existe do autor, cando no ano 41 presenta a obra Os vellos non deben de namorarse en Montevideo. Dí algo así como «ya que se que las creaciones del espíritu no se adaptan a las fronteras de la nación y que las obras de arte vuelan como los pájaros por encima de las fronteras, el arte no cabe dentro de los linderos políticos» e acaba, «aunque mi obra pudiera traducirse a todos los idiomas del mundo, no deja de ser un experimento artístico y una obra de arte gallego porque está hecha con zumo de tierra y miel de tradición gallega», que encaixa perfectamente con todo o que eu tiña pensado para este disco. -Cando dí que atopa nova documentación, ¿é porque previamente busca ou é casualidade? -Moitas veces é casual, coma neste caso. Por outra banda o feito de ter o meu propio estudio permiteme contar cun laboratorio para experimentar e exprimir ao máximo os recursos ó meu alcance. -¿Pensa que as colaboración que engade no disco poden abrirlle mercados de cara á xente á que o folk non é un zume que lle entre? -Bueno, este disco tampouco é exactamente folk e non me gusta usar etiquetas. De feito hai xente de palos moi dispares, desde Capercaille, que sí está no campo do folk; ou Sara Tavares, cantante de Cabo Verde á que descubrín de casualidade navegando por Internet, á brasileira Lilian Vieira, que vive en Amsterdam e fai música electrónica. -Desde o primeiro traballo a súa traxectoria destaca por aportar sempre creacións propias... -E que é realmente o campo onde me sinto cómodo, creando algo novo a partir de todo o que escoito. Lóxicamente teño unha formación de música tradicional forte, viaxando desde moi pequeno, con 14 o 15 anos polos festivais en Francia. Iso tamén faite ver outras culturas e disfrutar escoitando todo tipo de música. -En directo conta con algún dos participantes na gravación do disco? -Haberá algún invitado e temos unha banda con baixo, percusión, percusión galega, guitarra, mandolina, teclados e moita programación electrónica para reflexar cómo se fixo no disco e mezclar estos dous mundos tan distintos no directo. No concerto de mañán en Vigo estará a vocalista Carmen Rey e tamén o grupo Anubía. -É lóxico que o zume de terra haxa que pasalo polo colador, senon non hai quen o trague, ¿non? -Pero non é tanto terra física, senon que é como exprimir a humedade da terra cando fas o viño.