A miña empresa chámase precario

SILVIA BERMÚDEZ PÉREZ

VIGO

CUM LAUDE | O |

24 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

HOXE EN día a mocidade xa non traballa en bancos, resturantes, asteleiros nen fábricas. Agora a mocidade traballa en precario. A tasa de eventuelidade desde o ano 1989 ao ano 2002 medrou 10 puntos, situándose en 2002 a tasa de asalariados que tiñan contrato temporal no 34'8%. Esta porcentaxe, se cometes a osadía de ser muller aumenta até o 38%. O Governo, primeiro o PSOE e despois o PP, para dar solución a este problema ten flexibilizado o mercado laboral, aplicando con fé cega a máxima "a menos dereitos e estabilidade dos/as traballadores/as máis emprego". Esta máxima lonxe de arranxar o problema sumiu ao noso país nun proceso de destrucción de empregos e de precarización das condicións laborais derivadas das diferentes reformas que tiveron lugar nas últimas décadas. Como exemplos sangrantes decir que durante o governo Fraga tivo lugar a pior crise de emprego en Galiza de todo o século, coa perda de 160.000 ocupados, e o desemprego medrou en Galiza moi por enriba da meia comunitaria, sendo só superada por 12 das 181 rexións que conforman a Unión Europea. Pero o peor dos pecados que podes cometer nesta época de liberalismo rancio é ser mozo ou moza. Así, no ano 2003 máis do 90% dos novos contratos asinados por menores de 25 anos tiñan unha duración temporal, cunha media de duración de 90 días e un salario medio inferior nun 40% ao resto da plantilla. Con este panorama non é de extrañar que no ano 2001 unha media de 16.000 persoas véranse na obriga de ter que emigrar (o PP chama a esto mobilidade xeográfica) para poder ter un traballo. Esta situación impide que a xente da miña idade poida planificar o seu futuro con garantías, e teña que vivir cos seus pais até máis alá dos trinta anos. Esto, sen lugar a dúbida influe na baixa tasa de natalidade que estamos a sofrer nos últimos anos que ten como resultado un envellecimento alarmante da poboación e un despoboamento do rural non menos preocupante. Ante ésta situación resulta facilmente explicábel a masiva participación que tivo, na Galiza e citadamente na nosa cidade, tanto a manifestación da Folga Xeral do 20 de Xuño como a do 1 de Maio, sendo de destacar a cantidade de xente nova que se manifestou. Claro que para o PP non éremos máis que «rencorosos que ladran por las esquinas» verdade Mr. Aznar?. Pero tranquiladade, alegría! «España va bien». E xa sabedes o que din «juntos avanzamos» cara ónde? Que lle pregunten aos tres condeados da CIG en Lugo. Silvia Bermúdez Pérez é bolseira de terceiro ciclo na facultade de Dereito da Universidade de Vigo. (As fontes dos datos deste artigo son IGE, CIG e o Plano de Emprego Xuvenil de Galiza Nova e BNG).