O escritor Xosé Carlos Caneiro presentará a sua nova obra, titulada Ámote , nun espectáculo de declamación musical guiado polo propio autor, que terá lugar as 20.00 horas no salón Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Tras a presentación, o autor firmará exemplares da obra. Ámote , novela editada por Galaxia, «é unha historia de amor ou un soliloquio que quere convertirse nunha gran novela de amor», explica o narrador. A trama está protagonizada por un periodista misántropo, bebedor, entusiasta, bohemio e romántico, que se enamora de todas as mulleres que coñece pero nunca é correspondido. Caneiro (Verín, 1963), foi Premio Xerais de novela en 1992 con O infortunio da soidade e Premio Torrente Ballester en 1996 con Un xogo de apócrifos. Ademáis, acadou o Vicente Risco de literatura fantástica coa novela titulada A rosa de Borges , o Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa e o Blanco Amor por Ébora no ano 2000, e é un dos escritores galegos máis traducidos a outras línguas.