Cabalos máxicos da Pena de Coiro

J. Santos CANGAS

VIGO

Reportaje | A noite de San Xoán A tradición dice que os veciños de Coiro apañaban a semente do fento no San Xoán para bebela en infusión e ser invisibles

23 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Según una testimuña recollida polo mestre Pedro Díaz fai uns vinte anos, os vellos da parroquia canguesa de Coiro subían ata a Pedra da Pena na noite de San Xoán. Levaban unha tela de liño, branca e limpa, que extendían debaixo da «porta» da Pena para recoller a semente do fento. Cando daban as doce, mentras caía a semente no pano, abríase a pedra a salía un cabalo branco botando fogo pola boca, seguido dun tropel de equinos. De seguido, pechábase a pedra e só quedaba no ar o fedor dos cabalos. Asociadas ó San Xoán, ó lume, á auga e ás prantas hai unha chea de lendas e tradicións. Poñer de mollo pola noite o cacho para lavar a cara de mañá ou saltar a fogueira son as máis coñecidas. Pero na parroquia canguesa de Coiro aínda se conservan lendas asociadas á cultura do fento moi extendidas por toda Europa. O catedrático Fernando Alonso Romero relata nun estudio publicado pola Sociedad Española de Profesores de Alemán exemplos destas tradicións en Cangas, Irlanda e Alemania. No folclore irlandés aparece a figura do cabalo branco no San Xoán Maximiliano de Baviera cehgou a prohibir recoller a semente do fento. Shakespeare tamén fai mención a este lenda no «Enrique IV»: «Apañamos a semente do fento e agora somos invisibles». Alonso Romero cita o mestre Pedro Díaz, quen recolleu en Coiro a mencionada lenda, coa saída dos cabalos da Pedra da Pena. Díaz preguntoulle ó vello que lla contou para que querían a semente do fento. O parroquiano respondeulle que fai invisible a quen a tome. Outro veciño de Coiro, Manuel Boubeta, ouviulle á súa avoa unha variante da lenda. A xente saía en comitiva hacia a Pedra da Pena. Unha vez arriba, facían o «círculo de Salomón» e colocaban un pano de «alemanisco» no chan. Ás doce da noite caía a semente do fento, que se utilizaba contra os meigallos. Dioscórides tacha de «vana superstición» ás lendas sobre as supostas propiedades do fento, planta que serve para expulsar os vermes intestinais, para «rebaixar o sangue», e que en exceso, provoca cegueira e ata a morte. Conta que acompañou nunha ocasión «a certa vella lapidaria e barbuda» na noite de San Xoán a apañar a semente, xa que a tradición dice que é só nese día cando os grans, ocultos no envés das follas, despréndense e caen ó chan, pero non descubriu nada novo. As herbas do cacho A tradición máis coñecida é a do cacho, aínda que onte a penas se venderon os mollos das herbas nas prazas. A tradición dice que o cacho debe poñerse a amolecer pola noite para lavar a cara pola mañá. Despois, as herbas póñense a secar e cólganse do balcón o resto do ano. para espantar os malos espíritos e defenderse dos meigallos. O cacho leva un bo feixe de herbas. No monte atópanse moitas delas, como o codeso, a silveira ou as follas da noceira. Nos peches pódense coller chuchamel (madreselva). Nos campos atópase os brotes de viña ou a malva rosa. No xardín están as herbas mediciñais que completan o ramo: o tromentelo ou calquera variedade de tomillo; o poenxo e outras mentas, o botón de ouro ou chopo, a xarxa, o ourego, a herba luisa, o romeu, a lavanda ou a manzanilla. Nos últimos años, ademáis das fogueiras comunitarias, que conservan os seus lugares tradicionais, a xente nova organiza pequenas fogueiras.