Autovía 93

| MANUEL V. SOLA |

VIGO

CONTRAPUNTO

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DOUS MIL cincocentos accidentes, caseque cen mortos e milleiros de atascos despois, foron finalmente suficentes para arranxar ese cemiterio de asfalto que chamamos autovía Vigo-O Porriño. Unha semana antes das eleccións, dez anos despois da súa construcción, a principal estrada de acceso a Vigo suma o dobre do tráfico da súa capacidade e tres veces máis incompetencia da que é concebible no deseño dunha das dez autovías con máis vehículos de España. É unha mágoa ter que falar de cimento en horas máis doadas para a fantasía. Pero xa saben que é en días coma estes, cando se anuncian as obras, as fontes empezan a funcionar e os impostos comezan a desaparecer. A autovía Vigo-O Porriño foi inaugurada en 1993 por Josep Borrell e Emilio Pérez Touriño. Dous días despois, ata os estudantes de enxeñería sabían que se trataba dunha chapuza técnica. Como a do cinto de circunvalación, as saídas da autoestrada e todo canto cimento se amasa en períodos de eleccións. A autovía 2003 entra en campaña.