Os concellos do Morrazo presentan as programacións para o entroido

Carlos Freire CANGAS

VIGO

Os mellores vestuarios, cancións e murgas terán premio nas celebracións canguesas A comparsa Os Calcarrúas celebra este ano o seu vixésim0 aniversario con unha exposición

22 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? O entroido 2003 xa conta cunha programación de actos tanto para o Concello de Moaña como para o de Cangas. Se no entroido moañés as oito comparsas participantes terán un protagonismo casi total e hai unha preocupación por recuperar ás orixes, no de Cangas haberá máis sitio para concursos e animacións. O entroido de Moaña contará con tres carpas. A principal estará na zona da plaza, e nela darase lectura o pregón o sábado día 1 de marzo ás cinco da tarde. Nas pistas de futbito haberá outra para as atraccións e xogos dos nenos e unha terceira montarase no porto de Domaio para celebrar o festival das comparsas o domingo día 2 ás doce do mediodía. Este ano, ademáis, celébrase o vixésimo aniversario da comparsa Os Calcarrúas, todavía en activo, e para festexalo o sábado 1 de marzo ás once da noite celebrarase na carpa principal unha exposición de fotografías e traxes históricos da agrupación, seguida das actuacións de O tear de llerena, Xavier Blanco e Jorge Parcero, Canouro, Uno más e Farrapox de Ghaitax. Enterro da sardiña O enterro da sardiña terá lugar en Moaña o domingo 9 de marzo ás cinco da tarde despois de facer o recorrido xa clásico que sairá do Portal do Almacén para desembocar na praza de Abastos baixando por Ramón Canbanillas. O día anterior pola tarde celebrarase o enterro da Xoubiña, desfile no que participarán os centros educativos e garderías do Concello, e xa na noite terá lugar concurso de comparsas no palco central, coa actuación da orquesta Magos de España. En Cangas, pola súa banda, o entroido porase en marcha o último venres de febreiro, cun desfile infantil e unha concentración na alameda nova a partires das cinco da tarde, ademáis dunha exposición no Concello cos carteis participantes no certame do entroido. O sábado día 1 haberá xogos e animación para os nenos de ata 12 anos, ademáis duna «aventura urbana», con probas físicas e intelectuais para os mozos de máis de 14 anos. O domingo será un día forte, coa celebración do primeiro concurso de degustación de postres de entroido na alameda vella. A mellor lambonada obterá un premio de 180 euros. As preinscripcións para todos estes actos poden facerse no centro municipal de benestar social de Cangas ou na Casa da Cultura. O festival das murgas terá lugar no palco da alameda vella de Cangas o luns, 3 de marzo, ás nove da noite.