«O boxeo é unha metáfora do traballo de escribir, que é un puxilato íntimo»

VIGO

Manuel Rivas, escritor O xornalista e escritor Manuel Rivas (A Coruña, 1957), presentou onte a súa nova obra en Vigo. «As chamadas perdidas», editado por Xerais, é un libro composto de vintecatro relatos nos que os personaxes loitan contra a soidade. Rivas, que confesa a súa paixón pola palabra e síntese felizmente cansado co traballo de escribir, protagonizou unha presentación audiovisual a tono co escenario do teatro. Da música se encargaron a cantante Iria Peña e os guitarristas Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

14 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Comeza a entrevista dun xeito un tanto rocambolesco, adentrándonos no soto do teatro na percura de mesa e cadeiras donde poder sentarse e apoiar a grabadora. Ó fin damos có obxectivo nun camerín no que, sobre o tocador, quedaron olvidadas partituras de outra función sen poder evitar remexer nelas. No teatro Fraga íase desenvolver á noite a presentación en público da obra, e a primeira hora da tarde, os técnicos preparaban o vídeo no que se proxectaría durante todo o acto un combate de boxeo. ¿¿Cal é a relación do libro co boxeo? ¿É metafórica. No escenario xoga un papel como unha televisión que está ó fondo dun bar e mostra un combate permanente. É unha posible metáfora do traballo de escribir, un ring interior. E ese estado de exicitación da escritura ten que ver cun puxilato íntimo, pero tamén ten que ver cos personaxes da obra. Gran parte deles son seres que caen e se levantan. É a vida como un conflicto, pero non como un destino fatal, xa que os personaxes non asumen a derrota, se rebelan e fan ben. No libro hai unha vontade de convertir a resistencia nunha reexistencia. ¿¿Tiña pensado de antemán ó fío conductor dos relatos? ¿Máis ben unha mirada errante. Eu planifico pouco. O camiño está oculto pola néboa e o que me atrae é esa indefinición da paisaxe para trazar a senda no medio desde monte cuberto. O que pasa cos relatos ten que ver co que ocurre na mesa de billar. Un golpe a unha bola leva unha intencionalidade pero ela ten un comportamento imprevisible, ainda que o movemento dunha afecta ás outras. A diferencia da novela cos relatos é que estes son cadros pequenos, pero poden ter máis intensidade que un mural grande. Neste caso, van prolongándose uns nos outros en cada golpe. Pódese atopar fíos entre eles e a mesma atmósfera. Son como os peldaños dunha escaleira, que non sei si vai para arriba ou para abaixo. ¿Parece que a vostede vanlle máis os cadros pequeños... ¿Para a creación en xeral non se poden establecer as medidas en función do sistema métrico. Pedro Páramo o El túnel son noveliñas moi cortas si medimos o papel, hai best sellers que chegarían para empapelar un aeroporto, pero os primeiros teñen unha densidade que os fai más extensos. O importante é a densidade. E con eso tampoco digo que as obras cortas sean mellores. Na literatura galega existe un certo complexo, como si necesitáramos, comparándoo coas cidades, ter un Empire State. As grandes obras non se miden así. Por exemplo, unha extraordinaria novela galega é A Esmorga . En todo caso, o que quería decir é que tamén escribín unha novela longa, En salvaxe compañía. ¿Moitos actores dín que non ven as súas películas. ¿Vostede relée as súas obras? ¿O primeiro impulso é decirlles adeus, non porque me resulte incómodo, sinon porque me gusta mirar adiante. Non hai que deterse demasiado na escaleira. ¡Qué pesado estou ca escaleira! ¿És galego ¿non? ¿Sí (risas). Como decía o emigrante, estou moi orgulloso de ser emigrante porque galego pode ser calquera. En fin, que o que me gusta é atoparme có que escribín cando pasa o tempo, cando tes a sensación de que foi outro o que o fixo. ¿«As chamadas perdidas» sae tamén ahora en castelán. ¿Quén fai a traducción? ¿Neste caso eu. A maioría están traducidas por outros. Posiblemente, o mellor é que o faga outra persoa e de vez en cando, un mesmo. É un exercicio de bisexualidade que non está mal. ¿O título dos relatos fai pensar no teléfono móvil... ¿De feito é a orixe. Cando estaba escribindo barallei xogar coas claves do código internacional do mar, como nun dos relatos. Para decir amor dise Alfa Mike Oscar Oscar Romeo. Se dis amor é un tópico contaminado. Así soa novo, como dito por primeira vez. Pero iba un día en bus e había unhas mozas falando alto. Unha delas exclamou ¡Dios mío, teño dous chamadas perdidas! Soaba como Shakespeare. Foi como si escoitara o título do libro, e tamén como si todos os pasaxeiros fixéramos conta das chamadas perdidas que temos na vida.