Un circuito gastronómico

La Voz

VIGO

A VIII Marcha Camiño do Requesón que se celebra o domingo en As Neves congregará a 400 ciclistas Un ano mais o clube cicloturista «A Lamprea» que preside Antonio Calviño, orgnaniza unha nova marcha do Camiño do Requesón que trascurrirá polos montes de As Neves. Nesta oitava edición calcúlase que participarán catrocentos cicloturistas procedentes de Galicia e Norte de Portugal quen deberán superar un duro circuito de 30 kilómetros.

09 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

S. Q. AS NEVES. Correspondente O Clube Cicloturista A Lamprea de As Neves celebra o vindeiro domingo a VIII Marcha Camiño do Requesón para bicicletas de montaña. Nesta oitava edición os organizadores da proba esperan congregar cerca de catrocentos deportistas procedentes de toda Galicia e do Norte de Portugal. Unha proba xa consolidada na que este ano participarán figuras do ciclismo nacional como o ponteareano Alvaro Pino, Lale Cubino, Jesús Carballido e Blanco Villar. Confirmaron ademais a sua presencia distintos profesionais galegos da bicicleta como Marcos Serrano, José Vidal, Gustavo Otero, César Pérez, Oscar Pereiro, Miguel Manteiga, Ezequiel Mosquera e David Blanco. Un elenco de deportistas que compartirán traxecto con decenas de aficcionados nunha das probas mais numerosas das que se celebran en toda Galicia. Os participantes deberán afrontar un duro traxecto que se iniciará ás 9:30 horas da mañá no concello de As Neves e que realizará un percorrido de 30 kilómetros polos montes desta localidade, ata chegar ós montes de A Peneda en Portugal. Neste punto está previsto que se realice o avituallamento a base de caldo galego, viño do Condado e de postre requesón con mel. Previamente, os corredores terán que superar un circuito que os achegará ata a Ponte do Senra, o Castro de Altamira e o alto de San Nomedio. O presidente do Clube, Antonio Calviño, espera que nesta nova edición se incremente o número de participantes que o ano pasado superou os 350 cicloturistas.