Homenaxe a Xosé Manuel Piñeiro en «Luar» un ano despois da súa morte

C. A. REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

Xosé Manuel Piñeiro, nunha imaxe de «Bamboleo»
Xosé Manuel Piñeiro, nunha imaxe de «Bamboleo» -

O programa da Televisión de Galicia recorda ao inesquecible presentador, que falecía vítima dun cancro o 22 de xaneiro do 2025

23 ene 2026 . Actualizado a las 13:20 h.

A vida non para, e aínda que coste crelo, hai xa un ano que nos deixaba Xosé Manuel Piñeiro, tamén coñecido como Superpiñeiro ou cariñosamente Pi, por moitos dos seus amigos e seres queridos. O 22 de xaneiro de 2025 o mundo audiovisual galego tinguiase de loito por la morte de Xosé Manuel Piñeiro, unha lenda da Televisión de Galicia. Agora, no cabodano da súa morte, Luar rendelle unha homenaxe especial. 

Sendo un dos rostros históricos e máis queridos para os espectadores da Televisión de Galicia desde Luar seguen tendo moi presente o emblemático comunicador e por iso dedican o programa deste venres a lembrar a súa figura. 

O espazo da TVG contará coa presenza no estudio da súa familia, a súa nai, as súas irmás e as súas sobriñas. Tamén participarán na homenaxe moitos compañeiros e amigos que traballaron con el durante os seus máis de 30 anos de carreira no mundo audiovisual, como Gloria Ferreiro, Sonia López, Marcos Pereiro, Isi, Tamara Pérez, Alba Lago, David Amor, Sergio Pazos e Roberto Vilar, entre outros.

«Dicía que había días nubrados, que había días de ventos cruzados, días de chuvia, deses que te empapan e afogan o ánimo e a alma. Pero el sabía que eses días non son máis que un pregón do que vén despois, que son os días de sol e os días de paz e de alegría. Acabamos de rematar un camiño con Xosé Manuel Piñeiro, todos xuntos, pero xa estamos iniciando o seguinte camiño. A partires de agora, cada un de nós vai iniciar un camiño con Xosé, cada un levará no seu corazón, ao seu xeito. Por tanto serán milleiros de camiños, porque el tiña milleiros de parroquianos. Eu estou seguro que todos eses camiños, serán camiños de luz, camiños de paz, de serenidade e de alegría», lembraba Xosé Ramón Gayoso fai un ano no Luar dedicado a Xosé Manuel Piñeiro. 

[[@instagram::https://www.instagram.com/reels/DFOWcucMMWH/]]

«Porque el que foi un mestre, utilizou esta aura da Radio e da Televisión de Galicia para ensinarmos que a vida era ese tipo de camiño. O fundamental das viaxes son as as persoas que se coñecen, e ti nesta viaxe, fuches e seguirás sendo fundamental. Querido Xosé Manuel Piñeiro», remataba Gayoso. 

«Moitas grazas, querida parroquia, por todos estes anos de felicidade!», rezaba a última mensaxe de Piñeiro, Pi, para todo o seu querido público, do que sempre estivo orgulloso e moi pendente, na súa esquela. 

Superpiñeiro tiña un especial vínculo con Luar, xa que fora nese programa onde aparecer por última vez, e tamén onde falara claro na súa volta tras detectarselle o cancro que finamente acabou coa súa vida. «A única palabra que describe como me sinto é a gratitude. Este é un dos días máis felices da miña vida», confesáballe a Xosé Ramón Gayoso en setembro do 2019. «Levo dez meses poñéndome o estar aquí convosco como reto. O meu obxectivo era estar aquí contigo, Gayoso, volver á radio, volver escribir... Á fin vou facer todas esas cousas», explicaba naquel momento.