27 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
?n indio da tribo chamada dos tarambainas, desterrado pola súa xente, protagoniza a obra finalista do premio Raíña Lupa e titulada Ke-Tumba Ke-Tamba. O autor, o lucense Xerardo Quintiá, que xa entregara o texto á editorial Galaxia para a súa publicación, explica que a obra é moi musical; adianta que vai publicar un poemario e traballa xa nunha nova novela. O responsable de Cultura da Deputación, Celestino Poza, dixo que unha mostra sobre a literatura infantil e xuvenil recorrerá dez concellos da provincia.