Ramón Chao volve á súa Vilalba natal co libro «O lago de Como»

O volume foi publicado en Francia e agora está editado por Xerais A novela con aires biográficos conta a vida dun neno obrigado a ser pianista


vigo

?stes días anda nos medios o debate sobre se os nenos deben estar sometidos ás presións da fama, mentres os seus pais administran os cartos. Nese sentido, e nalgúns outros menos evidentes, a novela de Ramón Chao, chega de actualidade., editada por Xerais, novela a historia dun neno na máis inmediata posguerra galega a quen seu pai, algo maltratado polos nacionais, decide converter en pianista con fama internacional para ir vingando as ofensas sociais. Como é inexorable, o neno chega a adulto e lembra a particular relación co seu pai, os sacrificios en nome dunha loita que non era exactamente súa. Pero lembra máis. Lembra tamén unha paisaxe social e moral que se corresponde con bastante exactitude cunha vila do interior galego, cunha xeografía aproximada á Vilalba natal do escritor e xornalista. Hai máis aspectos asimilables entre o protagonista da novela, Mario Luis Veiga, e o autor da mesma, Ramón Chao. En ambos casos, os seus pais rexían unha fonda e ambos os dous rapaces marcharon a París a ampliar os seus estudos musicais. As coincidencias entre autor e personaxe indican que moita da experiencia do escritor acabou por entre as liñas da ficción ata o punto de que na primeira edición en castelán, hai agora 22 anos, o relato de O lago de Como levantou algunhas suspicacias no entorno máis directo do periodista, ata o punto de que foi difícil encontrar exemplares da novela despois de que alguén fose retirándoos das librerías. Quizais o clima social severo que conta o xornalista ou a represión que padece o seu protagonista, empurrado a ser unha figura internacional, ou tamén a violencia familiar e social que se describe en tantas páxinas do libro, axudasen á desgana de que a narración fose lida na xeografía máis inmediata a Vilalba. Fóra da cuestión biográfica, a novela é tamén un relato iniciático, do despertar dun mozo que cambia espectacularmente de sociedade e de entorno. A novela de Ramón Chao fora primeiramente editada en Francia e posteriormente publicada en castelán nos primeiros anos oitenta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Ramón Chao volve á súa Vilalba natal co libro «O lago de Como»