Sendón amosa a súa visión da marea negra en «Cuspindo a barlovento»

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

29 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Manuel Sendón publica un libro de fotografías titulado Cuspindo a barlovento , no que amosa as consecuencias da marea negra do Prestige. O traballo foi realizado entre novembro e abril na Costa da Morte, en dúas localidades da ría de Arousa, Aguiño e O Grove. «O título describe a situación vivida en Galicia despois de que os centíficos tiveran estudiado as correntes mariñas do Nadal e que alguén mantivera o barco dun lado para outro ata que pasou o que tiña que pasar, que todo volvía cara ás costas», explica Manuel Sendón. O director do Centro de Estudos Fotográficos pediulle a Xurxo Souto que fixera a introducción.