Emma García, la conductora de A tu lado (Tele 5), que empezó con 12% y ya está en el 21%. El share , amigos. A NOITE do 24 e a mañá de onte tiveron como protagonistas as imaxes da festividade de Santiago desde Compostela na TVG. Pero, paradoxalmente, foron distintas a ollos dos espectadores. As do Fogos do Apóstolo 2002 son máis para o vivo que para o directo. Na televisión lucen pouco, supoño que por unha sinxela cuestión de plasticidade. As cores dos foguetes semellan neutras, a escuridade da noite apodérase en exceso da pantalla e a sensación de distancia faise inevitable. Certo que a cámara permite planos xerais inéditos para un espectador a pé de Obradoiro, pero a cambio disfruta do balbordo e da atmósfera vedada ó salón do fogar. O que alí é noite con cheiro a pólvora e fume, na casa é asepsia e case indiferencia. Mesmo o comentarista trata de aportar un entusiasmo que non se acaba de apalpar. Na mañá do 25 é outra cousa polo proceso contrario. O vivo non che permite pillar tódolos recantos da Ofrenda ó Apóstolo desde a catedral compostelán, daí que o directo da televisión brinde un espectáculo moito máis vistoso que o apreciado polo vivo. A transmisión da cerimonia foi simultánea pola TVG e La 2, e cubriu as expectativas polo gran despliegue de cámaras no exterior e no interior, á maneira dunha vistosa producción cinematográfica. Quizáis un chisco longa, pero en todo caso dotada dun maior engado para quen a seguira na casa. Esteas onde esteas dentro do templo, nunca terás a súa variedade de ángulos e de planos que permite a televisión. A cruz e a cara dos directos.