Falta un centro para a información recollida

La Voz

TELEVISIÓN

14 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Recoller folclore tradicional en Galicia é un labor que os grupos de música galegos foron realizando nos últimos anos. Felisa Segade, pandereteira do grupo Lelía, sae case todos os domingos e moitos festivos para facer esta recolleita. Esta muller leva 18 anos gravando música e recollendo pasos de baile polas aldeas galegas, uns pasos, toques e cantigas que logo se incorporan ó repertorio. Segundo Felisa Segade, os grupos recollen pola súa conta e falta algún centro no que se poña en común toda esa información que van almacenando. Nun tempo , asegura Felisa Segade, «o Consello da Cultura Galega tentou organizar todo o material, pero nin o Consello tiña un proxecto claro do que se podía facer, nin os que recollemos pezas estabamos moi polo labor, finalmente cada quen síntese moi dono do que recolle». Felisa Segade considera especialmente necesario dispor dun lugar axeitado no que depositar as gravacións realizadas e nas que ese coñecemento se poida estudiar e catalogar. Letras e versos dunha tradición popular Eres una, eres dos. Gravada en Fisterra o 19 de novembro de 1952 por José Martínez Marcote, Juan Domínguez Martínez e Ramón Dominguez Martínez. Eres una y eres dos/ eres diez y eres cincuenta/ eres la iglesia mayor/ donde todo el mundo entra. As mozas de San Martiño/ teñen a color do leite,/ comen o caldo sen unto/ as sardiñas sen aceite. Vente vindo. Gravada en Hío en novembro de 1952 por Aurea González Avendaño e coros. Chamáchesme moreniña/ a vista de tanta xente/ agora vaime quedando/ moreniña para sempre. Asubíasme de lonxe. Gravado en Hío en 1952, sen identificar os instérpretes. Asubíasme de lonxe/ como o can que vai perdido/ non che son galgo de lebres/ que atenda por asubíos. Coplas do desafío. Gravada en Solveira en 1952 por Domitila Carreira, Lidia Pérez, Saladina Foremoro, Evangelina Carballo, Evangelina Tesoro e María Carreira. Chamáchesme pouca roupa/ se tés moita é teu proveito/ teño menos que quitar/ á noite cando me deito. Chamácheme pera podre/ pera podre quero ser/ anque caia de madura/ tu no me has de comer.