Os premios da Irmandade do libro

REDACCIÓN A CORUÑA

TELEVISIÓN

EDUARDO

O Instituto da Lingua Galega, a obra completa de Manuel María e Vidal Bolaño, entre os galardoados A Irmandade do libro xuntouse onte na Coruña, convocada pola Federación de Libreiros de Galicia. Cumpríanse dez anos do primeiro encontro e o motivo era recoñecer ós que traballan a prol do libro e da cultura galega. Ó remate da cea que tivo lugar no hotel Meliá María Pita o xurado deu a coñecer os gañadores, entre eles, o Instituto da Lingua Galega, na modalidade de institucións, e como mellor libro do ano pasado os dous tomos das obras completas de Manuel María editadas por Espiral Maior.

03 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Roberto Vidal Bolaño, que xa se anunciara días pasados que era o gañador da modalidade de autor, manifestou que este era un premio grato xa que ó non ter que presentarse «non xenera perdedores». Agradecou o galardón xa que, «na medida que eu me dedico ó teatro, unha actividade casi descoñecida en Galicia, é agradable que se premie a xente do teatro porque é un xeito de empezar a recoñecernos». O premio Irmandade do libro para o mellor libreiro de Galicia foi para a librería Bahía, de Foz, e na modalidade de centros de ensino o gañador foi para o CEIP A Rúa, de Cangas, en Pontevedra, con dous accésit para os centros Castrelos, de Cambados, e o de Cespón, en Boiro. Finalmente, na modalidade de medios de comunicación, o premio foi para Xulio López Valcárce pola páxina literaria que publica en El Ideal Gallego. Agás o premio que reciben ós centros de ensino, cunha importante dotación económica só para mercar libros para a biblioteca, o resto dos galardóns consisten na entrega dunha figura feita en bronce por Ismael López no obradoiro de Xoán Piñeiro, en Goián.